III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
118

3.2.1. Incapacidade Temporal
¿Hai excepcións? (Supostos de pagamento directo)
O INSS ou a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, cando corresponda, son responsables do pagamento directo do subsidio nos seguintes casos:
– Cando iniciada a situación de incapacidade se extinga o contrato por algunha das causas extintas da relación xurídica do traballo, a partir da data de extinción, incluso se esta se produce entre o primeiro e o décimo quinto día de baixa no traballo.
– Tamén no caso de persoas contratados a tempo parcial que, estando en situación de incapacidade temporal, vexan extinguido ou suspendido o seu contrato porque remata ou se interrompe a actividade intermitente ou de temporada da empresa.
– Cando se trate de entidades e organismos excluídos do pagamento delegado.
– Por incumprimento da obriga patronal do pagamento delegado.
– Nas empresas con menos de dez traballadores e máis de seis meses consecutivos de aboamento do subsidio, que o soliciten regulamentariamente.
– Nos supostos de esgotamento da incapacidade temporal polo transcurso do prazo máximo, durante a prórroga de efectos da prestación ata a cualificación da incapacidade permanente. Igualmente, cando o interesado é dado de alta médica sen ter esgotado o prazo máximo, co obxecto de que se determine a súa situación de incapacidade permanente.
– Cando se trate de representantes de comercio, profesionais taurinos e artistas. No caso destes últimos, cando a duración do contrato non exceda de trinta días.