3.2.1. Incapacidade Temporal
¿Que pasa cando se interrompe a actividade?
Cando por interrupción da actividade, asuma a entidade xestora ou colaboradora o pagamento da prestación, calcularase novamente a base reguladora:
A nova base reguladora diaria será o resultado de dividir a suma das bases de cotización acreditadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á data do feito causante entre o número de días naturais comprendidos no dito período.
De ser menor a antigüidade do traballador na empresa, a base reguladora será o resultado de dividir a suma das bases de cotización acreditadas entre o número de días naturais ós que estas correspondan.
O subsidio aboarase durante todos os días naturais en que o interesado se mantén en situación de incapacidade temporal.
|