3.2.1. Incapacidade Temporal
¿Cal é a contía da prestación no caso de traballadores contratados a tempo parcial?
Calquera que sexa a duración da prestación de servizos, a base reguladora diaria será a que resulte de dividir a suma das bases de cotización acreditadas durante os tres meses inmediatamente anteriores á data do feito causante entre o número de días efectivamente traballados e, xa que logo, cotizados no dito período. A prestación aboarase durante os días contratados como de traballo efectivo nos que o traballador permaneza en situación de incapacidade temporal.
|