¿Como se realiza a afiliación?
A pedimento do empresario: os empresarios están obrigados a solicitar a afiliación ó sistema da Seguridade Social daquelas persoas que non están afiliadas e ingresen ó seu servizo.
A pedimento da persoa traballadora: os traballadores por conta propia ou asimilados que inicien a súa actividade como tales e non estean aínda afiliados, estarán obrigados a solicitar a afiliación. De igual modo, os traballadores por conta allea ou asimilados cuxo empresario non cumpra coa obriga do apartado anterior, poderán solicitar a súa afiliación.
De oficio: a afiliación poderá efectuarse de oficio polas direccións provinciais da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administracións desta cando, como consecuencia da actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social, polos datos das entidades xestoras ou por calquera outro procedemento, se comprobe o incumprimento da obriga de solicitar a afiliación por parte dos traballadores ou empresarios ós que incumba facelo.
|