III - Seguridade Social
3.1 - Contribucións Básicas do Empresario e do Traballador en Galicia
96

¿Que características ten o número da Seguridade Social?
A Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna un número a cada cidadán e cidadá para a súa identificación. Tamén se lles asigna número ás persoas beneficiarias de pensións ou doutras prestacións do sistema. As súas características son:
– É obrigatorio para todo cidadán, con carácter previo á solicitude de afiliación e alta nalgún réxime da Seguridade Social.
– É obrigatorio cando se trate de beneficiarios de pensións ou outras prestacións do sistema.
– Faise constar nunha tarxeta da Seguridade Social na que figuran o nome, apelidos e DNI (para os afiliados coincide co seu propio número de afiliación).