1.2.2. O Salario
¿Que é o salario mínimo interprofesional?
(R.D.LX. 1/95, art.27; R.D. 1426/02)
O salario mínimo interprofesional (SMI) é o límite por baixo do cal non se debe fixar ningunha retribución laboral porque se considera o mínimo necesario para garantir unha subsistencia digna.
Así o determinan os convenios da oit, a Carta Social Europea (CSE) e o Estatuto dos Traballadores, que dispón que o Goberno o fixe anualmente logo de consultar as organizacións sindicais e asociacións empresariais máis representativas tendo en conta o índice de prezos ó consumo, a produtividade media nacional, o incremento da participación do traballo na renda nacional e a conxuntura económica xeral. O salario mínimo interprofesional é inembargable.
|