1.2.2. O Salario
¿Que é o salario?
(Lei 41/94; Lei 33/02)
O salario é a totalidade das percepcións económicas das persoas traballadoras, en diñeiro ou en especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea que retribúan o traballo efectivo ou os períodos de descanso computables como traballo. En ningún caso o salario en especie poderá superar o 30% das percepcións salariais.
|