1.1.2. Emprego na Administración Privada
1.1.2.B. Eures Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia
¿Que función desempeña EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal?
EURES desempeña unha función especial nas rexións fronteirizas. Trátase de nichos de emprego nos que se rexistran importantes fluxos transfronteirizos de persoas que viven nun país e traballan noutro, afrontan diferentes prácticas nacionais e sistemas xurídicos e poden ter a diario obstáculos á mobilidade de carácter administrativo, xurídico ou fiscal.
A rede transfronteiriza de EURES é un grupo de organismos de cooperación que teñen como obxectivo, no marco da rede europea EURES, responder ás necesidades de información e coordinación relacionadas coa mobilidade laboral nas rexións transfronteirizas. Conecta os servizos públicos de emprego e de formación profesional, as organizacións patronais e sindicais, as autoridades locais, as institucións que tratan problemas relativos ó emprego e a formación profesional nas rexións fronteirizas, e a Comisión Europea.
Os conselleiros EURES destes ámbitos proporcionan un asesoramento e unha orientación particulares sobre os dereitos e as obrigas dos traballadores que viven nun país e traballan noutro. Son un valioso punto de contacto entre as administracións de emprego, tanto rexionais coma nacionais, e os interlocutores sociais. Constitúen un elemento importante para controlar estes «nichos de emprego» que participan significativamente no proceso de integración europea.
Actualmente existen máis de vinte asociacións transfronteirizas (http://europa.eu.int/eures) en EURES, repartidas xeograficamente por toda a rede e situadas en trece países; unha delas recibe o nome de Galicia-Norte Portugal porque actúa precisamente nesta rexión fronteiriza.
|