I- O MERCADO LABORAL EN GALICIA
1.3 - NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO
12

4. Servicios de medio ambiente

- Xestión dos residuos: recollida selectiva e tratamento dos residuos, actividades de investigación para a reutilización dos materiais recuperados, novas técnicas de automatización do tratamento de residuos

- Xestión da auga: realización e xestión de infraestructura de xestión da auga, servicios de investigación tecnolóxica e transferencia do saber facer, asistencia a xestión de infraestructuras locais, explotación turística e deportiva das redes hidráulicas.

- Protección e mantemento de zonas naturais: actividades de protección e o mantemento das zonas naturais, actividades de investigación agronómica, creación e xestión de parques e reservas naturais

- Normativa, control da contaminación e das instalacións correspondentes: producción de bens e de servicios ligados a tecnoloxías menos contaminantes, exportación do saber-facer e de tecnoloxías, desenvolvemento e ampliación de novas tecnoloxías de economía da enerxía, mellora da xestión dos sistemas do control da contaminación e do ruído