III - Seguridade Social
3.3 - Normativa Básica para os Traballadores e Traballadoras Desprazados e Transfronteirizos
211


¿Que lexislación se lles aplica ós traballadores transfronteirizos en materia de Seguridade Social?
«A persoa que exerza unha actividade por conta allea no territorio dun Estado membro estará sometida á lexislación deste Estado, incluso cando resida no territorio doutro Estado membro […]» (art. 13. 2 do Regulamento CEE 1408/71).
O traballador transfronteirizo por conta allea que satisfaga as condicións esixidas pola lexislación do Estado competente (o de traballo) para ter dereito ás prestacións, gozará no Estado de residencia (art. 19 del Regulamento CEE 1408/71):
a) das prestacións en especie servidas, por conta da institución competente, pola institución do lugar de residencia, segundo as disposicións da lexislación que esta aplique e coma se estivese afiliado a ela;
b) das prestacións en metálico servidas pola institución competente segundo as disposicións da lexislación que aplique. Non obstante, co acordo previo entre a institución competente e a institución do lugar de residencia, esas prestacións poderá servilas esta última institución, por conta da primeira, segundo as disposicións da lexislación do Estado competente.
Todo o anterior é tamén aplicable, por analoxía, ós membros da familia que residan no territorio dun Estado membro distinto do Estado competente, sempre que non teñan dereito ás ditas prestacións en virtude da lexislación do Estado onde residen.
O traballador transfronteirizo poderá obter igualmente as prestacións no territorio do Estado competente (o de traballo). Estas prestacións serán servidas pola institución competente segundo as disposicións da lexislación deste Estado, coma se residira nel. Os membros da súa familia poderán gozar destas prestacións nas mesmas condicións.
O procedemento aplicable para facer efectivos estes dereitos pode consultarse no documento «Condicións de Vida e de Traballo na Eurorrexión Galicia-Norte Portugal: Manual de Casos Prácticos», editado polo EURES Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia, e en www.eures-norteportugal-galicia.org