3.2.8.C. Incapacidade Permanente Absoluta
¿Cal é a contía desta prestación?
A prestación consiste nunha pensión cunha contía igual ó 100% da base reguladora.
Nos casos de accidente de traballo ou enfermidade profesional, as pensións aumentarán, segundo a gravidade da falta, dun 30% a un 50% cando a lesión se produza por máquinas, artefactos ou en instalacións, centros ou lugares de traballo que carezan dos dispositivos de precaución regulamentarios, estean inutilizados ou en malas condicións, ou cando non se observaran as medidas de seguridade e hixiene no traballo ou as elementais de salubridade ou as de adecuación persoal a cada traballo, tendo en conta as características, idade, sexo e demais condicións do traballador. Esa recarga recae sobre o empresario infractor.
Nos casos en que o traballador, de 65 ou máis anos, acceda á pensión de incapacidade permanente absoluta derivada de continxencias comúns, por non reunir os requisitos para causar dereito á pensión de xubilación, a porcentaxe aplicable é a que corresponda ó mínimo de cotización que estea establecido en cada momento para o acceso á pensión de xubilación.
|