3.2.8.B. Incapacidade Permanente Total
¿Cando se produce a suspensión desta prestación?
Cando a persoa beneficiaria actuase de forma fraudulenta para obter ou conservar o dereito ás prestacións.
Cando a incapacidade permanente sexa debida a imprudencia temeraria da persoa beneficiaria ou se agravara por esta mesma razón.
Cando a incapacidade permanente se producira por rexeitar ou abandonar o tratamento sanitario prescrito durante a incapacidade temporal ou se agravara por esta mesma razón.
Cando a persoa beneficiaria rexeita, sen causa razoable, os tratamentos de readaptación e rehabilitación procedentes.
|