III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
175

3.2.8.B. Incapacidade Permanente Total
¿Quen son beneficiarios da prestación por incapacidade permanente total?
As persoas incluídas no réxime xeral que reúnan os seguintes requisitos:
– Ter menos de 65 anos na data do feito causante ou non reunir os requisitos esixidos para acceder á pensión de xubilación contributiva do sistema, se a incapacidade deriva de enfermidade común ou accidente non laboral.
– Estar afiliadas en alta ou en situación asimilada á alta na Seguridade Social. Cando a incapacidade derive dun accidente de traballo ou enfermidade profesional, os traballadores consideraranse afiliados e en alta aínda que o empresario incumprira coas súas obrigas.
- Ter cuberto un período previo de cotización, se a incapacidade deriva de enfermidade común:
- Se é menor de 26 anos de idade, a metade do tempo transcorrido entre a data en que cumpriu os 16 anos e a do feito causante.
- Se ten 26 anos ou máis, a cuarta parte do tempo transcorrido entre a data en que cumpriu 20 anos e a do feito causante, cun mínimo, en todo caso, de cinco anos. Ademais, unha quinta parte deste tempo deberá estar comprendido entre os dez anos inmediatamente anteriores ó feito causante.
– No caso de traballadores con contrato a tempo parcial, de relevo ou fixodescontinuo, para acreditar os períodos de cotización compútanse só as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, calculando as súas equivalencias en días teóricos de cotización:
- O número de horas efectivamente traballadas divídese entre 5, equivalente diario do computo de 1.826 horas anuais.
- Ó número de días teóricos de cotización obtidos, aplícase o coeficiente multiplicador de 1,5, resultando o número de días que se considerarán acreditados para a determinación dos períodos mínimos de cotización.
- A fracción de día asimílase a un día completo.
– Se a incapacidade deriva de accidente, sexa ou non laboral, ou de enfermidade profesional, non se esixe período previo de cotización.