III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
169

3.2.8.A. Incapacidade Permanente Parcial
¿Cal é a contía desta prestación?
– A prestación consiste nunha indemnización a prezo fixado.
– A contía é igual a vinte e catro mensualidades da base reguladora que serviu para o cálculo do subsidio de incapacidade temporal do que deriva a incapacidade permanente.
– De non existir incapacidade temporal previa, tomarase como base reguladora a que corresponda por incapacidade temporal.