III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
166

3.2.8.A. Incapacidade Permanente Parcial
¿Quen son os beneficiarios da prestación por incapacidade permanente parcial?
Aquelas persoas incluídas no réxime xeral que reúnan os seguintes requisitos:
– Ter menos de 65 anos na data do feito causante ou non reunir os requisitos esixidos para acceder á pensión de xubilación contributiva do sistema, se a incapacidade deriva de enfermidade común ou accidente non laboral.
– Estar afiliadas e en alta ou en situación asimilada á alta. Cando a incapacidade derive dun accidente de traballo ou enfermidade profesional, os traballadores consideraranse afiliados e en alta aínda que o empresario incumprira coas súas obrigas.
– Ter cuberto un período previo de cotización, se a incapacidade deriva de enfermidade común:
- De 1.800 días de cotización nos dez anos inmediatamente anteriores á data de extinción da incapacidade temporal da que deriva a incapacidade permanente.
- Para quen fose menor de 21 anos na data da baixa por enfermidade, o período de cotización esixido obtense da suma de dúas cantidades: a metade dos días transcorridos entre os 16 anos de idade do traballador e a iniciación do proceso de incapacidade temporal, máis todo o período, esgotado ou non, da incapacidade temporal (18 meses).
– No caso dos traballadores con contratos a tempo parcial, de relevo e fixosdescontinuos, para acreditar os períodos de cotización compútanse só as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, calculando as súas equivalencias en días teóricos de cotización:
- O número de horas efectivamente traballadas divídese por cinco, equivalente diario do computo de 1.826 horas anuais.
- O período de dez anos, dentro do cal teñen que estar comprendidos os 1.800 días ou os que correspondan segundo o caso, increméntanse na mesma proporción en que se reduza a xornada efectivamente realizada respecto á xornada habitual na actividade correspondente.
- A fracción de día asimílase a un día completo.
– Se a incapacidade deriva de accidente, sexa ou non laboral, ou de enfermidade profesional, non se esixe período previo de cotización.