III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
161

3.2.7. Prestación Económica por Risco Durante o Embarazo
¿En que consiste a prestación económica por risco durante o embarazo?
A prestación económica por risco durante o embarazo trata de protexer a saúde da muller traballadora e de compensar a perda de ingresos que se produce durante o período de suspensión do contrato de traballo ou da actividade, nos supostos nos que, debendo a traballadora cambiar de posto de traballo por outro compatible co seu estado, tal cambio non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.
Os requisitos son: estar afiliada e en alta e ter cuberto un período de cotización de 180 días dentro dos 5 anos inmediatamente anteriores á data en que se inicie a suspensión do contrato de traballo.
A prestación consiste nun subsidio dunha contía do 75% da base reguladora, desde o día en que se produce o nacemento do dereito. A base reguladora calcúlase coma no caso da it.