3.2.6. Prestacións por Xubilación
¿Cales son as incompatibilidades da pensión por xubilación?
A percepción da pensión é incompatible excepto na xubilación parcial e flexible co desempeño de traballos por conta allea ou propia ou coa realización de actividades para administracións públicas, que dean lugar á súa inclusión no réxime xeral ou nalgún dos réximes especiais de Seguridade Social.
No caso de reincorporación á vida laboral en xornada completa, a prestación queda suspendida e as novas cotizacións melloran a porcentaxe para aplicar á base reguladora que se mantén da pensión inicial.
Non obstante, as persoas que accedan á xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión cun traballo a tempo parcial, minorándose a contía da pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista en relación a un traballo a tempo completo.
|