III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
156

3.2.6. Prestacións por Xubilación
¿Cal é a contía da prestación por xubilación?
A contía da pensión determínase aplicándolle á base reguladora a porcentaxe que corresponda en función dos anos cotizados.
A base reguladora é o cociente que resulte de dividir por 210 as bases de cotización do interesado durante os 180 meses inmediatamente anteriores a aquel en que se produza o feito causante, mentres que a porcentaxe é variable en función dos anos de cotización á Seguridade Social, aplicándose unha escala que comeza co 50% ós 15 anos, aumenta un 3% por cada ano adicional comprendido entre o décimo sexto e o vixésimo quinto e un 2% a partir do vixésimo sexto ata alcanzar o 100% ós 35 anos.
Se se accede á pensión con máis de 65 anos e 35 de cotización, a porcentaxe será a que resulte de sumar ó 100%, un 2% adicional por cada ano completo que, na data do feito causante, se tivera cotizado dende o cumprimento dos 65 anos.
Noutro caso, a porcentaxe adicional aplicarase, cumpridos os 65 anos, dende a data na que se acreditou o dito período de cotización.
Para os efectos do cumprimento dos 65 anos, teranse en conta as bonificacións ou anticipacións de idade que correspondan en cada caso.
En ningún caso a contía total da pensión poderá superar o límite máximo establecido para as pensións públicas.