3.2.5. Pensión de Orfandade
¿Quen son os beneficiarios da pensión de orfandade?
Os fillos da persoa causante, calquera que sexa a súa filiación.
Os fillos, calquera que sexa a súa filiación, que o cónxuxe sobrevivente achegase ó matrimonio, sempre que este se celebrase dous anos antes do falecemento do causante, convivisen ás súas expensas e, ademais, non teñan dereito a outra pensión da Seguridade Social nin queden familiares coa obriga e posibilidade de prestarlles alimentos, segundo a lexislación civil.
Na data do falecemento do causante, os fillos indicados nos parágrafos anteriores deben ser:
Menores de 18 anos ou maiores que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
Menores de 22 anos, ou de 24 se non sobrevivise ningún dos dous proxenitores, nos casos en que o fillo do causante non efectúa traballo lucrativo por conta allea ou propia, ou cando o realiza e os ingresos que obtén en cómputo anual resultan inferiores ó 75% do salario mínimo interprofesional que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual.
|