III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
136

3.2.3. Prestacións por Morte e Supervivencia
¿Como se fai efectivo o aboamento das prestacións?
– As prestacións abóanse ós beneficiarios mensualmente, con dúas pagas extraordinarias ó ano que se fan efectivas coas mensualidades de xuño e novembro, agás nos casos de accidente de traballo e enfermidade profesional, en que están rateadas dentro das doce mensualidades ordinarias.
– A pensión de orfandade abóase:
- Se o orfo é menor de 18 anos, a quen o teña ó seu cargo, en tanto cumpra coa obriga de mantelo e educalo, ou a quen teña atribuída a garda do menor, se este se atopa en situación de desamparo constatado pola entidade pública competente.
ß Se o orfo é maior de 18 anos, abóaselle directamente a este salvo que fora declarado incapacitado xudicialmente; neste caso, abóaselle a quen teña atribuída a súa garda.
– O subsidio temporal abóase durante doce mensualidades con dúas pagas extraordinarias.
– As pensións teñen garantidas contías mínimas mensuais, segundo a clase de pensión e a idade do beneficiario.
– As pensións, incluíndo o importe da pensión mínima, revalorízanse ó comezo de cada ano, de acordo co ipc previsto para ese exercicio.