III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
130

3.2.2. Maternidade, Paternidade e Acollemento
¿Cando aboa a prestación?
– O subsidio abóase a cada beneficiario, de ser o caso, durante os períodos gozados efectivamente pola nai e o pai.
– Abóao sempre de forma directa o INSS e por períodos vencidos.
– Dado que a obriga de cotizar se mantén, no momento de facer efectivo o subsidio, procederase a deducir do seu importe a contía á cal ascende a suma das achegas do traballador relativas ás cotizacións á Seguridade Social, desemprego e formación profesional que procedan, para o seu ingreso na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
– Cando a traballadora estea a percibir prestacións de desemprego e pase á situación de maternidade, a correspondente prestación seralle aboada polo INEM, por delegación da entidade xestora correspondente.
Durante esta situación, da contía da prestación dedúcese o importe das cotizacións á Seguridade Social a cargo da interesada.