III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
121

3.2.2. Maternidade, Paternidade e Acollemento
¿Que acontece cando o período de descanso o utilizan, simultánea ou sucesivamente, a nai e mais o pai?
Ambos terán a condición de beneficiarios, sempre que reúnan de forma independente os seguintes requisitos:
– Estaren afiliados e en alta ou en situación asimilada á alta.
– Teren cuberto un período de cotización de cento oitenta días dentro dos cinco anos inmediatamente anteriores á data do parto ou ó inicio do descanso, de ser anterior, ou ás datas da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.