3.2.1. Incapacidade Temporal
¿Cal é a contía da prestación por incapacidade temporal?
A prestación consiste nun subsidio calculado en función da base reguladora e da orixe da incapacidade. A base reguladora é, como norma xeral, o resultado de dividir o importe da base de cotización do traballador no mes anterior ó da data de iniciación da incapacidade polo número de días ós que esa cotización fai referencia (o divisor será 30, se o traballador ten salario mensual; 28, 29, 30, 31, se o salario é diario).
Non obstante, se o traballador ingresa na empresa no mesmo mes en que se inicia a incapacidade, tomarase para a base reguladora a base de cotización dese mes, dividida polos días efectivamente cotizados. Tamén se tomará como divisor o número de días efectivamente cotizados, cando o traballador non permaneceu en alta durante todo o mes natural anterior.
|