III - Seguridade Social
3.2 - Prestacións Básicas da Seguridade Social en Galicia
101

3.2.1. Incapacidade Temporal

¿Quen son os beneficiarios dunha prestación por incapacidade temporal?
As persoas integradas no réxime xeral que reúnan os seguintes requisitos:
– Estar afiliadas e en alta ou en situación asimilada á alta na data do feito causante, mentres reciban asistencia sanitaria da Seguridade Social e están impedidas para o traballo. Se a incapacidade deriva dun accidente de traballo ou enfermidade profesional, considérase que están de pleno dereito afiliadas e en alta, aínda que o empresario incumprira as súas obrigas.
– Ter cuberto un período de cotización de:
a) Cento oitenta días dentro dos cinco anos inmediatamente anteriores ó feito causante no caso de enfermidade común.
b) No caso de persoas contratadas a tempo parcial, compútanse exclusivamente as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, tanto ordinarias como complementarias, calculando a súa equivalencia en días teóricos de cotización: o número de horas efectivamente traballadas divídese por 5 (equivalente diario do computo de 1.826 horas anuais), o período de 5 anos –dentro do cal teñen que estar comprendidos os 180 días–, increméntase na mesma proporción en que se reduza a xornada efectivamente realizada respecto á xornada habitual na actividade correspondente, e a fracción de día, asimílase a día completo.
c) En caso de accidente, sexa ou non de traballo ou de enfermidade profesional, non se esixe período previo de cotización.