Obrigas do empresario
O empresario que por primeira vez ocupe persoas incluídas no ámbito do sistema da Seguridade Social ten que solicitar da Tesourería Xeral da Seguridade Social, a través das súas direccións provinciais ou das correspondentes administracións, a súa inscrición na Seguridade Social.
Está obrigado a comunicar, dentro dos prazos establecidos para tal efecto, as altas, as baixas e as variacións de datos das persoas que inicien unha actividade laboral ó seu servizo ou que cesen nela.
O empresario está igualmente obrigado a manter de alta os seus traballadores mentres non se extinga a relación laboral, cesa a prestación de servizos e ingresa as cotas correspondentes nos prazos establecidos.
|