II - Desemprego
2.3 - Normativa Básica para os Traballadores e Traballadoras Transfronteirizos
84
2.3. NORMATIVA BÁSICA PARA OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS TRANSFRONTEIRIZOS
¿Que ocorre co traballador transfronteirizo cando queda desempregado?
A expresión «traballador transfronteirizo» designa a toda persoa traballadora por conta allea ou por conta propia que exerza a súa actividade profesional no territorio dun Estado membro e resida no territorio doutro Estado membro, ó que regresa en principio cada día ou polo menos unha vez por semana (art. 1.b. do Regulamento CEE 1408/71).
O traballador transfronteirizo por conta allea en situación de desemprego total gozará das prestacións establecidas pola lexislación do Estado membro onde resida, coma se estivese sometido a esa lexislación mentres ocupaba o seu último emprego; estas prestacións serán pagas e soportadas pola institución do lugar de residencia (art. 71.1.a.ii do Regulamento CEE 1408/71).
O traballador transfronteirizo que estea en paro parcial ou accidental na empresa que lle dá ocupación, gozará das prestacións segundo o disposto na lexislación do Estado onde traballa; estas prestacións serán aboadas pola institución competente do Estado onde traballa (art. 71.1.a.i do Regulamento CEE 1408/71).
Para coñecer o procedemento que deberá aplicarse para o pagamento das prestacións, pódese consultar o documento «Condicións de Vida e de Traballo na Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal: Manual de Casos Prácticos», editado por EURES Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia ou na web www.euresnorteportugal-galicia.org.