I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.1 - Acesso ó Mercado Laboral
24


1.1.2. Emprego na Administración Privada
1.1.2.C. Outras formas de acceder ó emprego

1) Empresas de traballo temporal
Son empresas privadas que facilitan empregos temporais contratando traballadores para ceder os seus servizos a outras empresas.
Os nomes e enderezos pódense consultar nas Páxinas Amarelas da Guía Telefónica, no apartado «Empresas de Traballo Temporal», no rexistro do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou en Internet como ETT (empresas de traballo temporal)
www.mtas.es/empleo/ett-OIA/inicio.htm
2) Axencias de colocación sen fins lucrativos
Ademais de nas oficinas de emprego, tamén se poden facer demandas de emprego nas axencias de colocación. Neste caso hai que aboar unha cantidade polos servizos prestados, pero o importe limítase ós gastos ocasionados.
Os enderezos pódense encontrar nas oficinas de emprego ou en Internet, a través da web do INEM (Outras Informacións/Axencias de Colocación)
www.inem.es