I- Condicións de Emprego e Lexislación Laboral
1.1 - Acesso ó Mercado Laboral
21

1.1.2. Emprego na Administración Privada
1.1.2.B. Eures Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia

¿Como leva a cabo o seu labor o EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal?
O servizo de información e asesoramento que proporciona o EURES Transfronteirizo lévase a cabo a través do labor dos conselleirosEURES, especialistas no mercado de traballo a escala comunitaria e transfronteiriza; pertencen ós servizos públicos de emprego, organizacións patronais, universidades ou outras institucións.
Os conselleirosEURES dispoñen dos coñecementos e dos medios necesarios para:
– informar sobre as ofertas e demandas de emprego;
– asesorar sobre a lexislación en materia laboral, fiscal, social, etc.;
– orientar sobre as condicións de vida e de traballo;
– aconsellar sobre as estratexias para a consecución de emprego.