EURES é unha rede creada pola Comisión Europea, con representantes en todos e cada uno dos Estados membro, co fin de prestar servizos de información, asesoramento e colocación destinados aos traballadores e aos empresarios, sobre o mercado de traballo no Espazo Económico Europeo.
Dentro da Rede EURES atópase o Servizo EURES Transfronteirizo, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresários.
Ata o momento, existen en toda Europa doce EURES Transfronteirizos, un dos cales recibe o nome de Galicia-Norte de Portugal por actuar precisamente nesta rexión fronteiriza.
O Servizo EURES TRANSFRONTEIRIZO Galicia-Norte de Portugal foi creado para dar información específica ligada á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios nesta Eurorrexión.
A través de EURES Transfronteirizo G-NP poderá
- divulgar ofertas de emprego na Eurorrexión
- obter información sobre os tramites a realizar na contratación transfronteiriza
- consultar ofertas de emprego de Galicia e o Norte de Portugal
- ter información sobre lexislación dos dous países en materia laboral, fiscal, social…aplicada á mobilidade transfronteiriza
- coñecer oportunidades de formación e prácticas transfronteirizas