Lexislación Laboral na Contratación de Traballador Transfronteirizo.
Seguridade Social na Contratación de Traballador Transfronteirizo
Como norma xeral, os deberes e dereitos da Seguridade Social de empresas e traballadores por conta propia ou allea están previstos na lexislación do Estado onde exerzan a súa actividade.
Polo tanto, o empresario que contrata desde Galicia a un traballador residente en Portugal para traballar en Galicia, deberá comunicar a admisión dese novo traballador nas 24 horas anteriores ao inicio da producción dos efectos do contrato e cumprir con as súas restantes obrigas nos servizos da Seguridade Social de Galicia competentes.
Obrigacións Fiscais na Contratación de Traballador Transfronteirizo
Polo tanto, os rendementos do traballo dunha persoa residente en Portugal contratada desde Galicia para traballar en Galicia, só poden ser tributados conforme a lexislación portuguesa. Ademáis as retribucións recibidas non estarán suxeitas a retención.
Para “activar” o Convenio entre España e Portugal, o traballador debe entregar á empresa un Certificado de Residencia Fiscal emitido polas Finanças de Portugal.
Contratar para Desprazar
Traballadores contratados en España para ser desprazados
- Que lexislación se aplica?
- Que requisitos hai que cumprir?
Normativa aplicable: artigos 12.1 y 12.2 do Regulamento 883/04 e artigo 14 do Regulamento 987/09.
Cando unha empresa española contrate a traballadores para ser desprazados a outro Estado membro, unicamente poderá manter a lexislación de Seguridade Social española para o traballador e polo tanto a correspondente emisión do formulario A1 se se cumplen os seguintes requisitos:
- O traballador que vai ser desprazado debe estar afiliado e ter antecedentes de cotización de polo menos 1 mes anterior ao desprazamento, en calquera rexime da Seguridade Social Española.
- A empresa espanõla que despraza o seu traballador ten que exercer efectivamente actividade en España.